A Diocese de Santiago de Compostela participa nas XLV Xornadas de Apostolado Segrar en Madrid

A fin de semana do 26 e 27 de outubro varios membros do equipo da Delegación para o laicado da archidiocese de Santiago participamos nas XLV Xornadas de Apostolado Segrar en Madrid. Unha cita anual que congrega aos delegados de Apostolado Segrar/Delegacións do Laicado, así como aos seus equipos e aos responsables de Asociacións e Movementos Laicales de todo o país. Nesta ocasión se celebraron baixo o título de “Chamados a facer camiño coa humanidade”

A mañá do sábado tratou sobre a cultura vocacional e a vocación laical de presencia no mundo, a través dunha ponencia, a modo de mesa redonda, realizada por Jorge Sierra, Delegado de Pastoral de La Salle para España e Portugal e Estrella Moreno, Directora do Instituto Diocesano de Teoloxía e Pastoral da diocese de Bilbao e moderada por Sandra Várez, directora de Comunicación de la Fundación Pablo VI. Ademáis das persoas que participamos na xornada, máis de mil persoas conectadas a través de Youtube tamén puideron acceder en directo á ponencia.  Nela resaltouse por unha parte que toda vida consiste en responder á chamada a unha vida digna e plena, e por outra, a necesaria implicación do laicado na transformación da sociedade.

Para quen desexe profundar nas reflexións compartidas, está dispoñible a continuación:

Pola tarde houbo unha dinámica na que as distintas realidades diocesanas e asociativas fumos compartindo como se vai traballando o primeiro anuncio nas nosas comunidades.

Posteriormente, José Benito Gallego, da Irmandade de Sacerdotes Diocesanos Operarios e membro da Comisión Executiva do Congreso de Vocacións presentou o vindeiro Congreso de Vocacións, do 7 ao 9 de febreiro de 2025: “Asemblea de chamados para a misión”. Animounos a difundir os obxectivos do Congreso: presentar un encontro eclesial no que constatemos que a vida cristiá é vocación, e ao mesmo xeito impulsar un servizo que anime e promova os distintos camiños vocacionais. Podemos ver toda a información e materiais na web: https://paraquiensoy.com/