Celebrar San Rosendo en tempos de pandemia

  • O arcebispo presidiu a Eucaristía no Seminario Menor

A situación sanitaria marca o rumbo do curso e obríganos e refacer constantemente os nosos plans… mais non a abandonalos.

Todos tiñamos claro que a Semana Cultural de San Rosendo non podía celebrarse no formato doutros anos. As conferencias, exposicións, visitas, celebracións e obradoiros ós que xa estamos acostumados non se poderían levar adiante, pero iso non impedía que nos detiveramos por uns instantes para honrar ao noso patrón.

Con tal motivo, a xornada do luns acolleu, no medio da rutina das clases, a celebración da Santa Misa presida polo noso Arcebispo. Foi unha celebración familiar, pero chea de solemnidade, na que D. Julián invitounos a mirar o futuro con esperanza. Que importante é ter clara a nosa meta e camiñar cara ela con paso firme!

Monterroso, da USC, sobre toda a realidade que esconde detrás o Camiño de Santiago, un camiño que te meta e que marca o rumbo de milleiros de peregrinos que atoparon nesta experiencia de encontro con Deus, un forte enriquecemento cultural e humano.

O dito, refacendo plans e calendario, pero sen renunciar a honrar ao noso co-patrón como se merece. San Rosendo… roga por nós.

Santiago Romero Trabado