Este xoves 31 de decembro, a partir das 16:15h, a Catedral de Santiago acolle a cerimonia de inicio do Ano Santo Compostelán, coa apertura da Porta Santa.
Desenvolvemento da ceremonia:
-Procesión ata a praza da Quintana, saíndo pola Porta de Praterías.
-Rito de Apertura da Porta Santa e entrada na Catedral.
-Celebración da Eucaristía. No Altar Maior
Máis información e desenvolvemento completo da cerimonia en:
Libro de la Apertura de la Puerta Santa (PDF)
INDICACIÓNS
ACREDITACIÓNS: todos os medios deberán estar debidamente acreditados. As acreditacións solicitaranse ao Concello de Santiago (prensa@santiagodecompostela.gal) ANTES DAS 12.00 h do LUNS 28 de decembro. Na solicitude deberá indicarse o nome, DNI, medio e cargo dos profesionais.
Esta acreditación dará acceso á praza do Obradoiro (para a cobertura GRÁFICA da parada militar previa ao acto de apertura da Porta Santa, que empezará ás 16.00 h) e ao espazo reservado tanto para gráficos como para redactores na escalinata da praza da Quintana. O acceso realizarase por Travesa da Quintana (café Literarios).
REDACTORES: A partir das 15:45h do xoves 31 de decembro poden acceder ao centro de prensa habilitado no Arcebispado (Pza Inmaculada, 1), onde se entregará documentación. Alí haberá unha televisión desde a que poderán seguir os actos co sinal de TVG.
TELEVISIÓN: Como posuidora dos dereitos de retransmisión da cerimonia, a TVG formaliza e establece un sinal pool para aquelas canles de televisión que a necesiten. As cadeas poderán presentarse na sala de prensa do Arcebispado de Santiago. Todas as televisións teñen que achegar cables para a súa conexión. Os conectores que se precisan para a gravación son os seguintes: Vídeo, BNC; Audio, Canon. Ou un conector SDI. Para calquera outra solicitude respecto do sinal de televisión, poderán dirixirse ao departamento de informativos da TVG.
RADIOS: No centro de prensa habilitado no Arcebispado instalarase un distribuidor de son.