El Arzobispo recibe a la Embajadora de la República de Lituania y al Delegado de la Conferencia Episcopal Lituana

Na tarde deste sábado, 9 de marzo, o Arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, recibiu nas instalacións da Curia Diocesana á Embaixadora da República de Lituania ante o Reino de España, Dna. Lyra Puišytė-Bostroem, e ao Delegado da Conferencia Episcopal Lituana para o coidado pastoral dos lituanos residentes no exterior, S.E. Mons.Lionginas Virbalas S.J.
Por estas datas, en torno ao 11 de marzo, os lituanos acoden a Santiago a celebrar o aniversario da Acta do Restablecemento do Estado de Lituania ou Acta do 11 de Marzo, é dicir, a declaración de independencia de Lituania tras ser asinada por todos os membros do Consello Supremo da República.​ O decreto puxo énfase na restauración e a continuidade lexítima da Lituania de entreguerras, que foi ocupada pola Unión Soviética en xuño de 1940.
Por este motivo, fan unha pequena peregrinación (composto por cidadáns lituanos residentes en España, así como algúns vindos desde Lituania para a ocasión), aos que acompaña a Embaixadora da República de Lituania ante o Reino de España e o Delegado da Conferencia Episcopal Lituana para o coidado pastoral dos lituanos residentes no exterior.