El arzobispo resalta el papel de los empresarios en la creación de riqueza y recuerda que “las personas son el patrimonio más valioso de la empresa”

  • Don Julián presidiu a Misa do Peregrino á que asistiron os responsables da CEG, no corenta aniversario da súa creación, e directivos da CEOE

Este venres, coincidindo cos actos organizados pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para festexar o corenta aniversario da súa constitución, o arcebispo presidiu a Misa do Peregrino das 9:30 horas, á que asistiron os responsables da patronal galega e directivos da CEOE. Na cerimonia, o arcebispo recordou o papel dos empresarios na xeración de riqueza, recordou que o principal activo das empresas son “as persoas” e recordou a Doutrina Social da Igrexa. Na Eucaristía estaba tamén presente o arcebispo de Burgos, monseñor Mario Iceta.

Coa ofrenda ao Apóstolo na Misa do Peregrino daban comezo os actos deste aniversario por parte da CEG. Na súa homilía, monseñor Julián Barrio manifestou a súa satisfacción pola presenza dos empresarios: “Alégrome convosco, membros da gran empresa, da pequena empresa e da empresa familiar, pedindo ao Apóstolo que desde aquí resoe a esperanza e sabendo que o sentido da vosa presenza e da vosa súplica é pedir ao Señor que faga prósperas e consolide as obras das vosas mans na misión que realizades”, dixo o arcebispo.

Don Julián afirmou que “é necesario afondar na verdadeira espiritualidade cristiá do traballo e da empresa” e indicou que no mundo actual hai necesidade de facer efectivo un “evanxeo do traballo, para que a actividade humana promova o auténtico desenvolvemento das persoas e de toda a humanidade”. Ao aludir á Doutrina Social da Igrexa, o arcebispo compostelán sinalou que “discernir desde o compromiso cristián a realidade da empresa comporta que o empresario asuma que economía e tecnoloxía atopan sentido se son referidas ao home ao que deben servir en toda circunstancia. Ben sabedes que as persoas son o patrimonio máis valioso da empresa. A empresa é para o home e non o home para a empresa”. E non esqueceu recordar que “o ensino social da Igrexa recoñece a xusta función dos beneficios, obxectivo necesario e lexítimo, aínda que xunto a estes hai que considerar outros factores humanos e morais, esenciais para a mesma vida da empresa”.

O arzobispo aludiu, ademais, á globalización, ao papel que teñen que desempeñar as instancias políticas e á importancia dos empresarios para crear riqueza: “A globalización abriu novas posibilidades ao promover sociedades e economías abertas e fomentou un intercambio máis libre de bens, ideas e coñecementos, pero percibimos que non dá resposta satisfactoria ás lexítimas aspiracións a uns postos de traballo estables. Esta problemática ha de reflexionarse non en monólogos paralelos senón en diálogos convergentes entre as institucións económicas e sociais de forma que se logren políticas internas garantes dos dereitos tanto da empresa como dos traballadores. As instancias políticas han de apoiar as condicións que favorezan as iniciativas dos empresarios. Non se pode minusvalorar o papel do empresariado á hora de crear riqueza económica e achegar emprego estable. A empresa é un mecanismo esencial para a prosperidad dun país”.

Nos actos previstos pola CEG estiveron presentes o presidente da organización, Juan Manuel Vieites, presidente da organización empresarial galega; Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, entidade patrocinadora do evento; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; Antonio Garamendi Lecanda, presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE); e o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo. Posteriormente, celebrouse un xantar presidido pola súa Maxestade O Rei Filipe VI.