El obispo auxiliar invita a todos a participar en la Asamblea Diocesana de fin de curso del 25 de junio

Nunha carta dirixida aos sacerdotes, diáconos, consagrados e laicos da Diocese de Santiago, o bispo auxiliar, monseñor mons. Francisco Prieto, convida a todos a participar na Asemblea Diocesana de final de curso, que terá lugar o próximo día 25 de xuño no Colexio La Salle, a partir das 10:45 horas. O texto da carta enviada por monseñor Francisco Prieto é o seguinte:

Estimados amigos:

Tras dous anos nos que a pandemia afectou á vida de cada un de nós, das nosas familias e á acción pastoral diocesana e parroquial, é o momento de volver atoparnos para reavivar unha chamada fundamental: ser Igrexa, Pobo de Deus, en Santiago de Compostela, a través a diversidade de rostros e carismas que mostran a riqueza da nosa comunidade diocesana nos seus sacerdotes, laicos e consagrados, en todas as idades, en cada unha das parroquias e comunidades, nos grupos e movementos.

Por iso, convidámosvos a participar na Asemblea Diocesana que terá lugar o próximo 25 de xuño, no Colexio La Salle (Santiago de Compostela). Será unha xornada para celebrar e orar, escoitar e compartir, unha oportunidade para renovar a esperanza en Cristo e o compromiso de seguir sementando o Evanxeo, sendo unha Igrexa que camiña unida.

O programa da Asemblea será:

10,45 – 11 h: Acollida

11,00 h: Primeira parte
Oración inicial
Dous anos de pandemia
Ano Santo
Fase diocesana Sínodo

12,15 – 12,45 h: Descanso

12,45 – 14 h: Segunda parte
Testemuños
Plan Pastoral trienal
Palabras finais do Sr. Arcebispo

14,30 h: Xantar (comedor Facultade de Medicina)

Para inscribirse na Asemblea e no xantar (15€ c/u: abóase ao chegar á Asemblea):

https://archicompostela.es/asambleadiocesana/

Alentados polo Espírito do Señor a seguir camiñando xuntos, saúdovos cordialmente, ao amparo da Virxe María e do Apóstolo Santiago neste Ano Santo.

+ Francisco J. Prieto Fernández
Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela

 

Convocatoria Asamblea Diocesana 25 junio 2022