O Arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, iniciou unha serie de encontros con sacerdotes, relixiosos e relixiosas, consagrados e laicos pertencentes aos novos Arciprestados que se están configurando na Arquidiocese compostelá.
Nestas reunións, e despois dunha reflexión motivadora por parte de D. Francisco Prieto, abórdanse temas relacionados co Ano da Oración 2024, a Sinodalidad nos novos arciprestados e o Primeiro Anuncio.
Agora trátase que en cada arciprestado se concrete algunha acción pastoral conxunta sobre cada un destes temas.