16 NOV 2024 | Asamblea Pastoral Diocesana

Estamos a terminar o Ano Litúrxico 2024 e este SÁBADO 16 imos ter unha ASEMBLEA DIOCESANA, en La Salle (Santiago) a partir das 10:15 da mañá.
Aínda que están convocados representantes de arciprestados, consellos diocesanos e movementos, tamén está aberta a aqueles que o desexen.
Terminaremos coa EUCARISTÍA na Catedral, que presidirá o noso Arcebispo, ás 5 da tarde.
Para prepararnos espiritualmente, en diferentes lugares da nosa Arquidiocese, celebráronse vixilias extraordinarias de oración.
En Santiago terémola este XOVES 14, na parroquia de S. FERNANDO, ás 21:00 h.
Necesitamos orar xuntos para que o Señor nos dea un corazón novo e así poida renovar en profundidade a nosa vida diocesana a partir do 2025.
Estás convidado a participar na Asemblea en La Salle (Santiago), na Eucaristía na Catedral e a unirte en oración pola Renovación da nosa Igrexa Diocesana en docilidade ao Espírito Santo.
D. Javier Porro,
Vigairo de Pastoral