24 ABRIL | Presentación do Informe de Liberdade Relixiosa en Santiago de Compostela

Axuda á Igrexa Necesitada lanzou a campaña pola Liberdade Relixiosa, ‘Crer é o teu Dereito’ para crear conciencia sobre este dereito que é violado nun terzo dos países do mundo. A Liberdade Relixiosa implica que estean garantidas o resto de liberdades fundamentais nun estado de dereito. Con esta campaña ACN quere salientar na protección e defensa a día de hoxe, deste dereito humano de todas as persoas e para todos os credos. Por iso, fai un chamamento para que todo o mundo se una na web creerestuderecho.es.
A Liberdade Relixiosa é un dereito fundamental que está recollido no artigo 18 da Declaración Universal de Dereitos Humanos.
Segundo explica José Luis Bazán, asesor xurídico da COMECE, “non é un dereito de segunda nin un privilexio dos crentes”. É máis, “o dereito internacional dos dereitos humanos e as consecucións democráticas recoñecen que o contido esencial íntegro da liberdade relixiosa non só é a súa práctica en privado, senón as súas expresións públicas, individuais ou colectivas, ademais do necesario recoñecemento da súa dimensión institucional…non se trata dunha liberdade abstracta, senón dun dereito que debe ser aplicado e respectado en todos os niveis e ámbitos educativo, laboral, empresarial, sanitario…”.

Informe de Liberdade Relixiosa 2023 por España

 Axuda á Igrexa Necesitada quere xerar unha reflexión sobre a importancia do dereito á Liberdade Relixiosa e contribuír á súa protección, así como dar a coñecer as conclusións do Informe Liberdade Relixiosa no Mundo 2023 (ILR 2023). Por iso, está a difundilo por toda España. Ata a data xa convocou actos en 29 cidades por todo o país. 
O día 24 de abril ás 19:30h presentarase no Instituto Teolóxico Compostelán, baixo a presidencia do Arcebispo de Santiago de Compostela, Monseñor Francisco José Prieto Fernández. A presentación do Informe estará a cargo de D. José María Gallardo Villares, Director da Fundación Pontificia “Axuda á Igrexa Necesitada” en España. Contaremos co testemuño do sacerdote P. Naim Shoshandy, de Iraq.
Estará presente unha Icona da Anunciación a María rescatado da Parroquia da igrexa Greco – Ortodoxa de Santa María na diocese de Homs (Iraq), profanado e atravesado por tres balas, unha das cales permanece visiblemente incrustada na táboa sobre a cabeza da Virxe.
xr:d:DAFvEAjga60:57,j:6459711803210246975,t:24040616
 O Informe de Liberdade Relixiosa no Mundo 2023 revela que a persecución por causa da fe agudizouse e tamén aumentou a impunidade. En 47 dos países máis perigosos a situación da liberdade relixiosa ha empeorado nos dous últimos anos e en 36 países, de cando en cando ou nunca os atacantes son procesados pola xustiza. Un 62,5 da poboación mundial, case 4900 millóns de persoas das que, viven en países con violacións graves ou moi graves á liberdade relixiosa. Segundo o Informe 2023, as comunidades de crentes minoritarias están cada vez máis asfixiadas e en moitos casos, corren perigo de extinguirse.
A fundación pontificia convida a asistir ao acto de presentación en Santiago de Compostela e a unirse a esta iniciativa a través da Web