"24 Horas para o Señor" | Invitación do Arcebispo

Co lema “Camiñemos nunha vida nova” (Rm 6,4) a Diocese de Santiago de Compostela únese á celebración das “24 Horas para o Señor”, un día de oración ante o Santísimo que, por desexo do Papa Francisco, busca redescubrir a importancia do encontro persoal con Deus e da Reconciliación con El a través do Sacramento da penitencia.
Trátase dunha iniciativa que brota do xubileu do ano da misericordia, e que o Santo Padre quixo que se celebrase o venres e sábado que anteceden ao IV domingo de coresma, que este ano son os días 8 e 9 de marzo.
O arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, convida a todos os diocesanos a que as “24 Horas para o Señor”, sexan “esas 24 horas da vosa vida ante o Señor e co Señor “. E engade, “a Coresma lévanos cara á Pascua, por que non orar co Señor para que alume a vida nova en cada un de nós?