A Arquidiocese de Santiago no encontro anual de Medios de Comunicación

O arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, e membros da Delegación para as Comunicacións Sociais da Diocese compostelá están a participar estes días no encontro anual de delegados diocesanos de Medios de Comunicación en Murcia.

Durante estes tres días, do 5 ao 7 de febreiro, están a abordar o tema que propuxo o papa Francisco para a Xornada Mundial das Comunicacións Sociais 2024, «Unha comunicación plenamente humana» .

Participan ata o mércores 70 profesionais da comunicación de 46 diocese española, xunto a catro bispos da CECS: o bispo de Cartaxena; o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto; o bispo de Lleida, Mons. Salvador Giménez; o bispo de Orihuela-Alacante, Mons. José Ignacio Munilla; e o bispo auxiliar de Canarias, Mons. Cristóbal Déniz.

O relatorio inaugural das xornadas correu a cargo de Pablo Blesa, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade Católica San Antonio de Murcia (UCAM). «Os sistemas de IA xenerativa, das características do popular ChatGPT, posúen a virtualidade de modificar a relación do home cos computadores, co coñecemento e consigo mesmo», destacou Blesa, subliñando, ademais, que este novo fenómeno está a xerar un «acontecemento histórico», equiparable «para os efectos combinados da introdución da imprenta no século XV, a psicanálise no XIX, e o browser ou a bomba atómica no XX». Tras contextualizar o avance da intelixencia artificial (IA) nos últimos anos, tamén falou dos riscos que conleva, polo que é necesaria «unha urxente regulación global»: «Os riscos actuais que presenta están relacionados coa produción ad infinitum de desinformación, o dopado dos delitos que xa teñen lugar na rede; o poder de espionaxe, control e vixilancia que outorga aos Estados sobre os seus cidadáns; o seu uso militar…».

Os comunicadores das dioceses españolas tamén tiveron oportunidade de profundar no documento Orientacións para a retransmisión da celebración da Eucaristía, un texto litúrxico aprobado pola Asemblea Plenaria dos Bispos da CEE en novembro de 2023. Ramón Navarro, delegado episcopal de Liturxia da Diocese de Cartaxena e director do secretariado da Comisión Episcopal para a Liturxia da CEE, explicou as bases deste documento.