A Arquidiocese de Santiago recibe unha reliquia do beato José Gregorio Hernández, "médico dos pobres"

  • Mons. Julián Barrio agradeceu ao cardeal Baltazar Porras este xesto de traer unha reliquia á capital galega: “Señor cardenal, esta é a súa casa”

Os venezolanos que viven en Santiago de Compostela teñen, desde este mércores, na Catedral unha reliquia do beato José Gregorio Hernández, coñecido como o médico dos pobres e beatificado o pasado 20 de abril.

A Catedral de Santiago acolleu este mércores, 19 de outubro, a entronización da reliquia do beato doutor José Gregorio Hernández, médico dos pobres, unha cerimonia que estivo presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, acompañado polo arcebispo de Mérida (Venezuela), o cardeal Baltazar Porras.

O doutor José Gregorio Hernández naceu en Isnotú, Estado Trujillo (Venezuela), o 26 de outubro de 1864. A súa nenez transcorreu na súa vila natal e no medio dun clima profundamente relixioso. Todo este ambiente fíxoo un home humilde, moi solidario con todos, especialmente cos pobres e necesitados.

Graduouse en Medicina en 1888 e cursou estudos en París e Berlín. O 29 de xuño de 1919 foi arroiado por un vehículo, o que unhas horas máis tarde lle causou a morte. Son moitos os que atribúen aos favores de José Gregorio o superar graves problemas de saúde.

O expediente Vaticano da beatificación non avanzou ata que os expertos determinaron que José Gregorio é responsable da salvación milagrosa da nena Yaxuri Solórzano, que recibiu un disparo na cabeza cando foi asaltada xunto ao seu pai nun casarío en 2017.

Las palabras de Don Julián Barrio

Para nós é unha gran honra que o señor cardeal tivese esta deferencia de vir estar connosco para traernos unha reliquia do beato José Gregorio Hernández, o médico dos pobres. Recordo con moito gozo cando tivemos a Misa de Acción de Grazas aquí preto de Santiago onde acudiron tantas persoas […] ese día deime conta do que significaba este beato non só para as persoas individualmente senón sobre todo para Venezuela. Alégranos telo entre nós e dicirlles señor cardeal que esta é a súa casa e con todo agradecemento por este xesto tan fermoso de traernos a reliquia deste beato”, dixo o arcebispo de Santiago durante a rolda de prensa. prensa.