O arcebispo de Santiago presidirá o sábado a Misa funeral ás 12:00h polo eterno descanso do Papa emérito
O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Julián Barrio, presidirá este sábado, 7 de xaneiro ás 12.00 horas na Catedral, a Santa Misa de funeral polo Papa emérito Bieito XVI, falecido este sábado, 31 de decembro, na Cidade do Vaticano.
Á celebración eucarística, na que concelebrará o bispo auxiliar, mons. Francisco Prieto, están convidados todos os sacerdotes, os membros da vida consagrada e os fieis da Arquidiocese.
O arcebispo lembra con agradecemento a Visita Pastoral que facía o Papa Bieito XVI o 6 novembro do 2010, Ano Santo Compostelán: “Chegaba como “peregrino da fe e testemuña de Cristo resucitado”. A súa estancia entre nós fíxosenos curta e desexásemos que fose máis prolongada. En todo caso deixounos un exemplo de sinxeleza que nos inspirou bondade, proximidade e calidez. As súas intervencións foron luminosas á hora de orientar o noso compromiso cristián. Sabiamos que A súa Santidade traeríanos palabras de vida para renovar a nosa esperanza de peregrinos da luz, en camiño cara á gloria”.
Así mesmo, nunha carta remitida aos sacerdotes da Arquidiocese de Santiago de Compostela no día de onte, mons. Barrio convídaos a que en todas as parroquias se celebren Misas en sufraxio polo eterno descanso do Papa emérito.