Ás portas do inicio do Ano Santo a Diocese de Santiago de Compostela pon en marcha un novo espazo web común para albergar galería de imaxes. Un espazo predominantemente visual co que se pretende dar a coñecer a actividade litúrxica, pastoral, asistencial e cultural xerada pola Igrexa compostelá.
A finalidade non é outra que a de recompilar e agrupar nun mesmo lugar os contidos gráficos daqueles actos e celebracións máis importantes. Ademais, grazas ás categorías, van poder filtrar os álbums por temas específicos, anos, etc.
Actualmente atópanse dispoñibles máis de dispoñibles 1.000 imaxes nos preto de 30 álbums publicados.
Finalmente, esta web adáptase á terminais multiplataforma facendo posible que calquera poida acceder as imaxes desde o pc, a tablet ou desde os dispositivos móbiles.
Con este novo espazo web a Diocese segue apostando unha vez máis pola comunicación e as novas tecnoloxías aplicadas á Igrexa compostelá.
A dirección para acceder a este espazo é: http://galeria.archicompostela.es/