A Igrexa Diocesana confía en que se recupere o nivel económico das achegas dos fieis e que melloren as perspectivas no segundo semestre deste ano

  • A Arquidiocese aproba un orzamento inicial de 19,2 millóns de euros para 2021, o que implica unha baixada do 7,34% con relación ao exercicio anterior

A un total de 19,2 millóns de euros ascende o orzamento inicial para 2021 do Arcebispado de Santiago de Compostela, o que supón unha baixada de 1,5 millóns, un 7,34% menos, en relación co orzamento para o anterior exercicio de 2020. As cifras aprobáronse nunha recente reunión da Comisión de Asuntos Económicos. Este descenso responde, entre outras razóns, á situación de incerteza arrastrada polas consecuencias da pandemia do Covid19. A necesidade de financiamento para 2021 estímase en 2,9 millóns de euros. Con todo, está previsto un incremento dos ingresos ordinarios motivado por un aumento das achegas dos fieis, comparado co orzamento revisado de 2020, que foi tan baixo polas restricións de mobilidade e paralización da actividade.

Na reunión na que se aprobou o orzamento inicial da Arquidiocese compostelá, púxose de manifesto que á hora de elaborar as cifras prevese un horizonte máis esperanzador para o segundo semestre de 2021, favorecido ademais por ser 2021 un Ano Santo. Prevese que os ingresos dos fieis alcancen os 4,4 millóns e que se poidan ingresar 6,3 millóns de euros por asignación tributaria.

En relación aos gastos, o documento orzamentario establece que se dedicarán 4,7 millóns de euros á actividade pastoral, asistencial e á axuda á igrexa universal. En termos relativos este capítulo de emprego dos recursos diocesanos ten un peso do case o 25% do total de gastos. O destino de recursos á actividade asistencial estímase que se situará en 2,1 millóns de euros. As achegas da Diocese a centros de Formación (Seminarios e ensino universitaria) supoñen un crecemento do 16% con respecto a 2020, e sitúase a cifra en 576.000 euros. A retribución do clero dedícanse 5,1 millóns de euros.