A Igrexa Diocesana dedicou en 2020 un total de 3,6 millones de euros a actividades asistenciais e pastorais

La colecta de este domingo 7 de noviembre va dirigida en todos los templos al sostenimiento de las actividades de la Iglesia

El arzobispo indica que “vuestra generosidad es un regalo para la Iglesia diocesana, os lo agradezco mucho”

Un total de 18,7 millóns de euros foi o orzamento executado en 2020 por a Igrexa Diocesana de Santiago de Compostela, segundo os datos contidos na publicación “A nosa Igrexa en Santiago de Compostela”, que se distribúe en todos os templos con motivo do Día da Igrexa Diocesana, xornada que se desenvolve este domingo día 7 de novembro. Nun ano marcado pola pandemia do Covid19, os ingresos por achegas dos fieis foron 5,9 millóns de euros e 6,2 millóns pola asignación tributaria (marcar a X na casilla da Igrexa na declaración da renda). En canto aos gastos, a actividades asistenciales e pastorales dedicáronse un total de 3,6 millóns de euros. Inclúense neste apartado a acción pastoral, a catequese, a liturxia, a actuación social e caritativa, as achegas para as misións ou para Mans Unidas, Cáritas ou o Seminario, así como as Cociñas Económicas. Na mesma publicación, o arcebispo, monseñor Julián Barrio, indica que “a vosa xenerosidade é un agasallo para a Igrexa diocesana, agradézovolo moito”.

A retribución do clero e do persoal segrar alcanzou unha cifra de 5,2 millóns. Dedicáronse ademais 3,6 millóns de euros a conservación de edificios e gastos de funcionamento. A necesidade de financiamento foi de 191.564 euros.

En “A nosa Igrexa en Santiago de Compostela”, recórdase, ademais, que hai 485 sacerdotes; 1.071 parroquias; 16 seminaristas; 1.500 catequistas; 616 relixiosos e relixiosas; 5 diáconos permanentes; 13 mosteiros e 97 misioneiros. Tamén se informa sobre a práctica sacramental: 3.575 bautizos; 5.208 primeiras comuñóns; 2.221 confirmacións; ou 115 matrimonios. No plano da actividade caritativa e asistencial destacan, por exemplo, as 2.661 persoas atendidas en centros para mitigar a pobreza ou as 1.185 atendidas en casas de anciáns, doentes crónicos e persoas con discapacidade.

O Día da Igrexa Diocesana é unha xornada dedicada non só a permitir a contribución económica dos fieis coas súas achegas nas colectas, senón a reflexión sobre a implicación de todos no servizo que presta a Igrexa á sociedade. Na actualidade a Igrexa só recibe para cumprir a súa misión o que os fieis e as persoas que desexan apoiar lle fan chegar, ben directamente, a través de colectas periódicas, como a do Día da Igrexa Diocesana, ou ben grazas a marcar a X na Declaración da Renda. O apoio de cada un dos fieis á súa Igrexa Diocesana pode concretarse en catro alicerces:

– achegar e participar coas calidades que cada un teña

– colaborar co seu tempo

– colaborar coa súa oración

– colaborar co seu donativo.

Na mesma publicación, o arzobispo compostelano, monseñor Julián Barrio, indica que “se axudas, a Igrexa poderá facer moito. A vosa xenerosidade é un agasallo para a Igrexa diocesana. Agradézovolo moito. Estou seguro de que colaboraredes na medida das vosas posibilidades”. Con esas achegas, sinala o arzobispo, a Igrexa terá recursos para atender “ás familias con problemas económicos, os inmigrantes que están en proceso de adaptación, aos que se ven angustiados polo prezo dun aluguer esaxerado ou polas políticas enerxéticas que xeran unha pobreza da que é difícil saír”.

Dossier informativo (PDF)
Carta Pastoral no día da Igrexa diocesana 2021