A Igrexa diocesana prepara a súa Asemblea final de curso

  • Terá lugar o próximo sábado, día 25 de xuño no Colexio La Salle

O próximo 25 de xuño terá lugar no Colexio La Salle a Asemblea final de curso de todas as actividades pastorais levadas a cabo na Arquidiocese de Santiago de Compostela.

Ao longo da xornada dese sábado, desde as dez e media da mañá ata as 2 da tarde, haberá tempo para orar, para reflexionar, para o traballo en grupo, para a convivencia e para o compartir experiencias.

A Asemblea diocesana de fin de curso desenvolverase baixo o lema “Poñédevos en camiño”. Estarán presentes no encontro o arcebispo, monseñor Julián Barrio, e o bispo auxiliar, monseñor Francisco Prieto.