A PEJ22 na TVG

O próximo verán, do 3 ao 7 de agosto, celebrarase a quinta Peregrinación Europea da Mocidade (PEJ 22) a Santiago de Compostela.

Con este motivo, a televisión de Galicia quixo dedicar unha das edicións do programa “Polo camiño da fe” a este grande evento.

Santiago Romero, subdelegado diocesano de pastoral de infancia e mocidade e Mateo Augado e Cristina Bataller, responsables de voluntarios, comparten como será este encontro tan esperado, pois o último organizouse no ano 2010, e como a mocidade galega, en equipo con persoas de toda España, está ao preparar con gran ilusión.