A soidade, un  reto social

  • Participaron  axentes a nivel  diocesano que reflexionaron sobre a  incidencia desta situación entre os maiores
  • O encontro celebrouse na Casa Diocesana de Exercicios  de Santiago

O arcebispo, monseñor Francisco José Prieto Fernández, foi o encargado de inaugurar as xornadas técnicas organizadas por Cáritas Diocesana de Santiago nas que se analizou, desde distintas ópticas, o modo de afrontar a soidade baseándose nunha actitude como reto social e lembrando que “ Non estás só”. No encontro, celebrado na Casa de Exercicios de Santiago, participaron axentes- técnicos e voluntarios- da entidade a nivel diocesano coa finalidade de reflexionar sobre a vivencia da soidade, especialmente nas persoas maiores. Así, poñendo o foco neste sentimento de soidade non desexada, tratáronse de achegar claves para comprender como se produce, de onde xorde e como a viven as persoas que a padecen.

O muro da soidade

O prelado durante a súa intervención sinalou que  a palabra soidade é fermosa para a poesía pero que “cando aparece e se vive é un drama”.Considera que moitas persoas refúxianse no muro da soidade  e animou aos presentes para “ ter lucidez e dar solucións, traballo no que sempre está presente Cáritas”. Aos axentes da entidade  pediulles que vívan a misión para detectar e acompañar aos que padecen soidade.

Reflexións

A sensación de soidade é algo que experimentan os humanos, sendo estas situacións unha triste realidade. Deles falaron catro especialistas en  diferentes materias pero co nexo da soidade non desexada que se acrecenta nos maiores. Os relatores foron os encargados de presentar aspectos que viraron sobre a soidade non escollida coa aparición de signos saudables, o paradigma da revinculación, a atención sociocomunitaria e o mundo de “ninguéns”.

O profesor Fernando Vidal, da Universidade Pontificia de Comillas, foi o encargado de abrir o encontro  expoñendo un  tema de máxima actualidade  facendo referencia ao “mundo de ninguén”, centrándose na soidade e o abandono no presente. Fixo fincapé en que os “ninguén”  pódense ver en todas partes.

Para  o responsable de Formación de Cáritas Española, Guillermo Fernández Maillo, na acción que leva  cabo a institución o paradigma da re-vinculación representan as claves de actuación. Quedou constancia de que é necesario avanzar cara a unha comunidade e unha sociedade que sitúe no centro o coidado ás persoas e que sexa máis humana e xusta.

A relatora Sandra Izaguirre, terapeuta familiar en Ferrol, centrouse  na soidade non escollida na adolescencia e o seu impacto  na saúde mental e emocional. Insistiu en que se  trata  de  unha  experiencia persoal na que un individuo ten a necesidade de comunicarse con outros e percibe carencias nas súas relacións sociais.

Finalmente Marta Vega, responsable da área  de maiores, Fundación Municipal SS. Sociais  de Xixón, afondou na atención  sociocomunitaria  das persoas maiores. Un traballo de axuda que ten como finalidade o acompañamento a maiores en situación de vulnerabilidade tanto económica como relacional buscando para iso que teñan garantido os seus dereitos

Sentimento de soidade

No encuentro púxose de relevo que a soidade, a falta de autonomía social, algo que se vincula aos disintos colectivos pero especialmente cos maiores. Falouse de como se entende e como facerlle fronte.Todo iso  para previr e aliviar o sentimento de soidade que cada vez padecen máis persoas

As achegas trataron de reflectir claves para comprender en toda a súa extensión e magnitude como  se produce, de onde xorde, e como  viven os que  a padecen. Incidiuse que se debe traballar desde o modelo de acción social de Cáritas para poder estar e actuar coas persoas  que a sofren para darlles canles de esperanza.Trátase dunha actuación baseada no acompañamento, ofrecendo apoio en situacións de emerxencia para que as persoas poidan ser autónomas.

As  propostas presentadas buscan dotar dos medios necesarios os programas de acompañamento a persoas maiores, polo que se fixo fincapé na necesidade de coidar e  acompañar, á vez que  dotalos de recursos  necesarios para poder desenvolver a misión encomendada.