Ano 2022. É o tempo da PEJ

Comeza a conta atrás, sincronízanse os reloxos, porque está máis cerca ese evento  que fará de Santiago de Compostela a Cidade Europea da Mocidade do 3 ao 7 de agosto de 2022.

Hoxe luns desenvolvéronse diversas reunións programáticas para adiantar aspectos organizativos e reactivar os diferentes proxectos postos en marcha. Para iso desprazouse á cidade do Apóstolo o responsable da Subcomisión de Mocidade e Infancia da Conferencia Episcopal Española, o sacerdote toledano Raúl Tinajero, quen, acompañado do delegado diocesano da Mocidade, Javier García, analizou a situación e evolución dos datos da pandemia ante o Arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio expoñendo a necesidade de relanzar as iniciativas postas en marcha ata o momento. Na súa posterior, visita ao Concello, recibido polo Alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, expresou o desexo e a necesidade de contar coa aprobación e apoio de o goberno local ante esta celebración que situará a Compostela en lugar de referencia europeo, recibindo a miles  de mozos e mozas.