Arcebispado e Xunta suscriben dous convenios para apertura de igrexas no Camiño e construción de reixas en distintos templos das rutas francesa e portuguesa

  • El obispo auxiliar, monseñor Prieto, participou na firma dos acordos, subscritos polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Roda, e polo ecónomo diocesano, Fernando Barros.O bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto Fernández, participou esta mañá na firma de senllos convenios entre a Xunta de Galicia e o Arcebispado de Santiago, que foron subscritos polo vicepresidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, e o ecónomo diocesano, Fernando Barros. O primeiro dos convenios refírese á apertura de Igrexas no tramo final do Camiño, en Santiago e o segundo á construción de reixas en distintas Igrexas do Camiño Francés e do Camiño Portugués, que permitan aos peregrinos contemplar o interior dos templos. O ecónomo diocesano agradeceu a dispoñibilidade da Administración autonómica para subscribir estes acordos e dixo que grazas aos convenios “podemos poñer a disposición de peregrinos, en particular, e de turistas en xeral, este patrimonio para que poida visitarse no maior tempo posible”. Barros recordou que a Archidiócesis destina “o 40% do seu orzamento a labores de mantemento e rehabilitación do seu patrimonio”.

    O convenio relativo á apertura de Igrexas, cun orzamento de 80.000 euros, inclúe 11 templos. E o de construción de rejas, dotado con 100.000 euros, prevé 6 intervencións en Igrexas do Camiño Francés e outras 10 en templos do Camiño Portugués. ?Este convenio?, sinalou Barros, ?representa unha novidade, neste ano, co obxectivo de reforzar estas actuacións con motivo do Ano Santo, para facilitar a accesibilidad no maior tempo posible das Igrexas dos Camiños?.

    Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, destacou a profunda colaboración existente entre a Xunta e o Arcebispado compostelán pois, desde o respecto ao ámbito de actuación de cada unha destas institucións, cooperan para fomentar o coñecemento da peregrinación a Santiago de Compostela e das súas igrexas, “rico patrimonio cultural que existe no Camiño”. A firma dos convenios de colaboración finalizou cunha breve alocución do bispo auxiliar de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, quen tamén encomiou ese espírito de colaboración entre Arcebispado e Xunta, sobre todo neste ano Santo Compostelán que se prolongará ata finais de 2022. “É importante”, explicou, “que os peregrinos atopen acollida”.

    As Igrexas que forman parte do primeiro dos convenios son as seguintes:

Igrexa Horario
San Lázaro De luns a sábado de 9.00 a 14.00 h

De luns a sábado de 16.00 a 20.00 h

Domingo de 10.00 a 14.00 h

Domingo de 16.00 a 20.00 h

San Pedro Apóstolo De luns a sábado de 10.00 a 13.30 h

Sábado 18.30-20.00

Domingo de 10.00 a 13.30 h

Capela Xeral de Ánimas De luns a domingo de 8.30 a 14.00 h

De luns a venres de 17.00 a 19.00 h

San Bieito do Campo De luns a domingo de 9.00 a 14.00 h
San Paio de Antealtares De luns a domingo de 8.00 a 13..00 h

De luns a domingo de 15.30 a 20.30 h

 

Igrex das Madres Mercedarias De luns a venres de 10.00 a 12.15 h.

De luns a venres de 16.00 a 18.30 h.

Sábado de 10.00 a 12.15 h.

Domingos de 11.30 a 13.00 h.

San Miguel dos Agros De martes a domingo de 09.00 a 13.00 h.

Sábado de 17.00 a 19.30 h.

Capela de San Roque De martes a sábado de 16.00 a 20.00 h.

Domingo de 10.00 a 13.00 h

Domingo de 17.30 a 19.00 h

San Frutuoso De luns a sábado de 9.00 a 13.00 h.

De luns a sábado de 16.00 a 21.00 h.

Domingo de 10.00 a 14.00 h

Domingo de 16.00 a 21.00 h

San Fiz Solovio De luns a sábado de 8.00 a 13.00 h.
Santa Maria Salomé De luns a sábado de 7.30 a 8.30 h.

De luns a sábado de 17.00 a 20.00 h.

Domingo de 7.30 a 8.30 h.

Domingo de 11.00 a 13.00 h.

Domingo de 17.00 a 20.00 h

Por súa parte, as Igrexas que se verán incluídas no convenio de instalación de reixas son as seguintes:

1) Edificacións situadas no Camiño Francés:

1.1) Capela de San Paio de Preguntoño – Arzúa

1.2) Igrexa de San Breixo de Ferreirós – O Pino

1.3) Capela de Santa Lucía de San Paio – Santiago de Compostela

1.4) Igrexa Parroquial de San Paio de Sabugueira– Santiago de Compostela

1.5) Capela de San Roque de San Paio – Santiago de Compostela

1.6) Capela de San Marcos – Santiago de Compostela

 

2) Edificacións situadas no Camiño Portugués:

2.1) Capela de San Martiño dos Francos – Teo

2.2) Capela de Santa María Madalena – Ames

2.3) Capela de Santiago do Monte – Padrón

2.4) Igrexa Antiga de Pontecesures

2.5) Igrexa de San Miguel de Valga

2.6) Igrexa de Santa Mariña de Carracedo – Caldas de Reis

2.7) Igrexa de Santa María de Caldas– Caldas de Reis

2.8) Igrexa de Santa Mariña de Arcos da Condesa – Caldas de Reis

2.9) Igrexa de San Cristovo de Briallos – Portas

2.10) Igrexa de San Breixo – Barro