- Presidiu os actos o arcebispo de Santiago, mons. Franscisco Prieto.
O material trabállase cun proxecto de segunda oportunidade
A entrada en funcionamento da tenda de Arroupa en Carballo, que é a número cinco a nivel diocesano, marcou un novo fito no proceso que leva a cabo no programa de inserción laboral de persoas vulnerables. As instalacións foron bendicidas polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, que presidiu os actos de inauguración da nova tenda situada en Praza de Galicia,1.
O párroco e consiliario de Cáritas na localidade, José García Gondar, destacou a importancia da entrada en funcionamento da empresa e insistiu no labor que leva a cabo Cáritas na zona de influencia sinalando que son máis de seis décadas axudando aos máis necesitados. Pola súa banda o alcalde Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez mencionou a solidariedade que fomenta a entidade indicando que esta agora pódese aumentar a través da tenda.
Con las personas vulnerables
A tenda de Carballo que se monta en colaboración coa cooperativa Moda re, dispón de 111 metros cadrados en os que se dá saía ao material téxtil en base ao proxecto dunha nova vida para a roupa de segunda oportunidade e coa finalidade de xerar emprego para persoas nunha especial situación de vulnerabilidade. Arroupa é unha empresa de inserción laboral en materia de reutilización téxtil, que entrou en funcionamento no ano 2015.Ofrece os servizos de recollida de téxtil e complementos, clasificación e venda ao público en cinco tendas propias situadas en Santiago, A Coruña, Arteixo e Pontevedra, ás que agora se une a de Carballo. O prezo medio da roupa que se vende nas tendas é de 4,6 euros.