Arcebispado de Santiago e Abanca renovan o seu convenio financeiro

O Arcebispado de Santiago e Abanca subscribiron hoxe a renovación do convenio financeiro acordado non ano 2019, ao que poderán acollerse parroquias e sacerdotes diocesanos. Subscribiron o acordo o ecónomo diocesano, Fernando Barros, e o director territorial de Abanca en Santiago, Juan Carlos Carneiro.

O convenio inclúe aspectos como xestión de recibos, pago de nóminas e pensións ou xestión de contas. Tamén se contempla a posibilidade de subscribir préstamos hipotecarios e préstamos persoais para sacerdotes.

Inclúense, ademais, aspectos relativos a tarxetas de débito e crédito asociadas a contas da Arquidiocese ou das parroquias. O convenio aplicarase ás relacións establecidas entre o Arcebispado, as parroquias e demais entidades dependentes do Arcebispado con Abanca. A súa duración será dun ano a partir da súa firma.