O Arcebispado de Santiago e Abanca subscribiron hoxe un convenio financeiro ao que poderán acollerse parroquias e sacerdotes diocesanos. Subscribiron o acordo o ecónomo diocesano, Fernando Barros, e o director territorial de Abanca en Santiago, Juan Carlos Carneiro.
As condicións financeiras recollidas neste convenio serán de aplicación exlusivamente para operacións novas cuxo destino nunca será a concelación de préstamos en vigor.
O convenio inclúe o acceso a Banca Electrónica (consulta de operacións realizadas, realización de transferencias, pago e devolución de recibos…), a APPÚNTAME para xestionar calquera tipo de cobranza fixa xornal, á aplicación móbil para firma de operacións, ao servizo de avisos a móbil ou email, a ABANCA PAY etc. Tamén se contempla a posibilidade de xestionar seguros e asesorar sobre as pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada Parroquia ou ente independente. Inclúense, ademais, aspectos relativos a tarxetas de débito e crédito asociadas a contas da Arquidiocese ou das parroquias.