- O Seminario Menor acolle a II Xornada Diocesana das Familias, unha cita na que estará presente o arcebispo, e na que os nenos terán unha programación de actividades específica.
- A Delegación de Familia invita a todas as familias da Arquidiocese a participar na II Xornada Diocesana das Familias, unha cita que terá lugar este sábado, día 6 de novembro, no Seminario Menor de Santiago. Os nenos que asistan terán unha programación de actividades propia durante a mañá e a tarde coordinadas por un equipo de monitores. Desde a Delegación de Pastoral Familiar da arquidiocese anímase a asistir á xornada como modo de recuperar o dinamismo comunitario e reforzar a esperanza no futuro inmediato.O obxectivo do encontro é compartir as experiencias vividas nestes duros meses de pandemia e, entre todos, buscar solucións aos retos que se lle suscitan á Igrexa no contexto de “nova normalidad”. Os responsables da delegación buscan coa xornada fortalecer a convivencia da comunidade e estreitar os lazos de fraternidad a carón do arcebispo, don Julián Barrio Barrio, e o seu bispo auxiliar, don Francisco José Prieto Fernández.
PROGRAMA DA II XORNADA DIOCESANA DAS FAMILIAS
Seminario Menor. Santiago de Compostela, sábado 6 novembro 2021
10:30-11:00 H. Acollida.
11:00H. Oración.
11:15H. Saúdo de mons. Julián Barrio Barrio.
11:30H. Presentación da Delegación de Pastoral Familiar:
– Equipo.
– Páxina web.
– Facebook
– Novo logotipo da Delegación
– Obxectivos para o presente curso 2021-2022
12:00H. Panel de experiencias.
– Fernando Isorna. Párroco do Carmen, Coruña. 607-446331
12:45H. Traballo en grupos.
13:30H. Posta en común.
14:30H. Comida (cada familia traerá a súa propia comida)
16:00-17:30H. Xogamos en familia.
17:45H. Eucaristía co noso arzobispo mons. Julián Barrio Barrio.
18:30H. Envío e despedida.
Rogamos nos fagan chegar as fichas de inscripción a: pfamiliar@archicompostela.org para poder organizar axeitadamente toda a xornada tendo en conta todas as medidas sanitarias que sexan necesarias para ter un encontro divertido e seguro.