Asemblea Diocesana de Catequistas 2023

«A alegría do Domingo, Xúbilo dos Catequistas»  é o lema elixido para desenvolver a Asemblea de Catequistas deste ano na Diocese de Santiago de Compostela e que está recollido no cartel. Deste xeito relaciónanse tres palabras decisivas na nosa vida cristiá que hai que coidar: o domingo, a alegría e o catequista.

Ademais, nos materiais de reunións con pais e catequistas do mes de marzo, que se publicarán en breves nesta web, ofreceranse recursos para preparar na parroquia este encontro.

Esta xornada desenvolverase en Santiago de Compostela o vindeiro sábado 4 de marzo de 10: 00h (Auditorio a Banca). Ás 17: 00h (Igrexa San Paio de Antealtares- Madres Beneditinas) e podedes inscribirvos ata o próximo 24 de febreiro.

Programa

Comezaremos o encontro ás 10: 00h no Auditorio A Banca (rúa Preguntoiro número 23). Alí iniciarase a primeira parte da Asemblea. Haberá a acollida e posteriormente o saúdo por parte do Arcebispo de Santiago de Compostela, don Julián Barrio Barrio e do Delegado de Catequese don Miguel López Varela.

A continuación , ás 11:00h no mesmo lugar, o Auditorio A Banca (rúa Preguntoiro número 23) , teremos un momento de formación coa conferencia realizada por don José Vidal Novoa, Vigairo Episcopal de Pastoral na Diocese de Tui- Vigo e don Miguel López Varela, Delegado Episcopal de Catequese de Santiago de Compostela. Da súa man profundaremos no lema «A alegría do Domingo, Xúbilo dos Catequistas» , descifrando esas tres palabras craves: domingo, alegría e catequistas.

Ás 12:00h haberá un momento de descanso do que cada un dispoñerá libremente ata as 12:30h.

Será ás 12:30h cando se comezará a segunda parte da Asemblea tendo un momento de oración na Igrexa de San Paio das Madres Beneditinas (Vía Sacra número 4).

Posteriormente ás 13: 30h terá lugar o momento da xantar. Quen queira ten a posibilidade para comer lugar no Comedor Monumental da Hospedería de San Martín Pinario (Praza do Inmaculada número 3). O menú é de 15€ e é necesario indicalo previamente na inscrición.

Así chega o terceiro e último momento da xornada, o celebrativo. Será ás 16:00h cando se retorne á Igrexa de San Paio das Madres Beneditinas(Vía Sacra número 4) para participar na Eucaristía. Presidiraa o Sr. Arcebispo don Julián Barrio Barrio e, ao final dela realizarase a homenaxe aos catequistas que celebren os seus 25, 50 ou 60 ou máis anos realizando este ministerio, e o envío de todos os catequistas.

Consideraciones para a inscrición

  • é necesario inscribirse previamente no seguinte enlace INSCRIPCIONES,
  • o prazo de inscripción é ata o 24 de febreiro,
  • nela debe indicarse se se vai xantar de menú (15€),
  • indicar na ficha de inscripción se algunha catequista ten algún tipo de necesidade específica,
  • comunicar se hai algunha catequista homenaxeada (que leve como catequista 25, 50 o 60 anos ou máis),
  • aínda que non se poida asistir á totalidade da asemblea, pódese participar en calquera dos momentos programados. Abonda con indicalo na inscripción.