Celebración da festividade de San Martiño no Seminario Maior

Co rezo das Primeiras Vésperas Solemnes de San Martiño na Capela do Seminario Maior, a partir das 20:00 horas este mércores día 10, darán comezo as celebracións litúrxicas en honor do patrón do Seminario. O xoves día 11 de novembro, a partir das 13:00 horas, o arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio, presidirá a Eucaristía na Capela, cerimonia á que se poderá acceder pola Hospedería (a Capela encóntrase no terceiro andar).