Cerimonia da Translación do Apóstolo Santiago

Catedral de santiago, mércores 30 de decembro de 2020

– 11.45 h. O Arcebispo de Santiago, Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Julián Barrio, preside na Catedral de Santiago a Festividade da Translación de Apóstolo Santiago. Nela conmemórase o traslado do corpo do Apóstolo Santiago o Maior, desde Jaffa (Palestina) ata Galicia, para recibir sepultura no lugar no que hoxe se levanta a catedral. Durante a misa ten lugar a tradicional Ofrenda Nacional, por parte do Excmo. Sr. Delegado Rexio.

 

INDICACIÓNS

Todos os xornalistas deberán portar consigo a acreditación que expide o Concello de Santiago.

REDACTORES, TELEVISIÓNS E RADIOS: A Televisión de Galicia e a Radio Galega retransmiten en directo a cerimonia. Como posuidora dos dereitos de retransmisión da cerimonia, a TVG formaliza e establece un sinal “ pool” para aquelas canles de televisión que a necesiten. No hall do Arcebispado habilitarase unha sala de prensa, onde poderá seguirse a cerimonia. Todas as televisións teñen que achegar cables para a súa conexión. Os conectores que se precisan para a gravación son os seguintes: Vídeo, BNC; Audio, Canon. Ou un conector SDI.

FOTÓGRAFOS: establécese un punto de foto no interior da Catedral, xunto á Porta do Tesouro, onde se produce o saúdo inicial entre o Arcebispo e o Delegado rexio. O resto da cerimonia será cuberta por un pool de fotógrafos (Arcebispado e Xunta de Galicia).