Clausura do Centenario de A Grande Obra de Atocha

O colexio A Grande Obra de Atocha cumpriu 100 anos da súa fundación a cargo do sacerdote diocesano Baltasar Pardal,  que desde a Parroquia de San Nicolás fundaba o colexio e a Grande Obra o 30 de agosto de 1923 para axudar os nenos e as mulleres do barrio ante a extrema pobreza e a dureza das condicións de vida.

Con este motivo esta mañá celebráronse uns eventos para conmemorar a clausura do Centenario ao que acudiu o arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, quen presidiu a Eucaristía ás 11:30hs.

Na homilía, mons. Prieto convidou as Fillas da Natividade e a todos a “vivir enraizados, alí onde se nutre unha vida e un testemuño autenticamente evanxélicos (…); quen vive enraizado ten vínculo, ten identidade, ten pertenza (…) e sabe onde ten que nutrir as raíces do que é, para que o froito da súa vida sexa a gloria que Deus espera de nós.”

O arcebispo destacou que a clausura deste centenario é unha invitación para volver sempre a esas raíces de Don Baltasar Pardal, non como unha añoranza do pasado, “senón para vivir o hoxe como o don de Deus que se nos dá, tamén nese carisma, que sentimos o voso e noso”.