Comeza o II Encontro de Empresarios cunha Eucaristía e un concerto na Catedral de Santiago de Compostela

  • A asistencia é libre ata completar aforo
  • O Encuentro reunirá na cidade a máis de douscentos empresarios, directivos e profesionais para reflexionar sobre ética, ben común e sostentabilidade 11 e 12 de abril
Hoxe xoves 11 de abril ás 19:30hs comezará o II Encontro de Empresarios coa Misa do Peregrino, presidida polo Arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto.
Posteriormente, terá lugar o concerto “Mozart: A Misa da Coroación”. O programa incluirá a Sinfonía Nº 34 en Do maior, K. 338, seguida da Missa Brevis en Do maior “da Coroación”, K. 317. Esta última peza, composta por Mozart en 1779, é recoñecida pola súa emotividade e esplendor.
A Orquestra Clásica de Vigo e o Orfeón Terra A Nosa ofrecerán este concerto, co que despois da Santa Misa, dáse inicio ao II Encontro de Empresarios, que reunirá na cidade compostelá a máis de douscentos empresarios, directivos e profesionais que reflexionarán sobre ética, sustentabilidade e ben común na Hospedería do Seminario Maior estes 11 e 12 de abril.
O concerto, que comezará ás 21:00 horas, será de acceso libre ata completar aforo. Tríptico (PDF)