Comeza na Catedral a Novena en honra do Apóstolo Santiago

O vindeiro xoves 15 de xullo, a Catedral de Santiago acolle o inicio da tradicional novena de preparación á festa do Apóstolo Santiago.

Entre o 15 e o 23 de xullo, ás 19:30h no altar maior, as celebracións estarán presididas por Monseñor Alfonso Carrasco, Bispo de Lugo (os días 15, 16 e 17), José Fernández Lago, Deán da Catedral (os días 18, 19 e 20 de xullo) e Monseñor Francisco José Prieto, Bispo Auxiliar de Santiago de Compostela (os días 21, 22 e 23 de xullo).

O 24 de xullo, tamén ás 19:30h, celebraranse as Solemnes Vésperas, presididas polo Arzobispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio.

O 25 de xullo, festividad do Apóstolo Santiago, celebrarase a misa solemne durante a cal terá lugar a Ofrenda Nacional e varias Misas do Peregrino ao longo da xornada.

.