Comeza un novo curso académico no Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas (ISCCR)

  • Segue aberto o prazo de matrícula

Con renovado entusiasmo e superadas as limitacións impostas pola pandemia nos dous últimos anos académicos, o ISCCR inicia un novo curso co obxectivo de transmitir unha formación rigorosa a todos os fieis cristiáns que sintan a necesidade de afondar nas razóns e principios da fe.

Neste senso, o ISCCR ofrece unha formación teolóxica imprescindible para quen sinta chamados a participar activamente na misión pastoral da Igrexa. Os seus destinatarios son, por tanto, os candidatos ao diaconado permanente, as relixiosas e relixiosos non sacerdotes, e, en xeral, todos os laicos que desexen ser profesores de relixión, catequistas, educadores da fe, membros de Confrarías e Irmandades e demais axentes de pastoral. Así mesmo esta formación diríxese a universitarios e a calquera persoa que estea interesada polo fenómeno relixioso e a súa importancia para comprender o mundo actual.

O plan de estudos aborda varias áreas. Os alumnos adquiren un coñecemento exhaustivo da Biblia, a Liturxia da Igrexa e a súa realidade sacramental e evanxelizadora, a Pastoral e a Catequese, a Filosofía e a Antropoloxía. Todo iso desde a profundidade propia dos estudos universitarios. A titulación que consegue o alumno ten validez eclesiástica e homologación civil.

O ISCCR ofrece un título de Bacharelato en Ciencia Relixiosas (ciclo trienal), no que se ofrece aos alumnos unha formación sistemática das materias teolóxicas, filosóficas e humanísticas fundamentais.

O segundo ciclo (bienio), amplía a formación teolóxica, litúrxica e pastoral. Os alumnos obteñen o título de Licenciatura en Ciencias Relixiosas e ten un recoñecemento civil como Máster en Ciencias Relixiosas.

O Instituto Compostelán de Ciencias Relixiosas ofrece tamén a formación necesaria que acredita a Declaración Eclesiástica de Competencia Académica (DECA), requirida para ser profesor de relixión nos distintos niveis. Para infantil e primaria é preciso cubrir 24 ECTS. Esta modalidade diríxese aos que posúen o título de Maxisterio ou Grao en Educación Infantil/Primaria. Para educación secundaria requírense 18 ECTS. Está dirixida aos Bachareis ou Licenciados en Teoloxía.

O ISCCR

As clases de teoloxía na sede de Santiago (edificio de San Martiño Pinario) son os mércores (en liña) e os venres (presencial nas aulas do ITC) de 19h a 22:15h. Na sede da Coruña (Fundación Hogar Santa Margarida) as clases impártense os martes (presencial) e os mércores (en liña, común á aula de Santiago).

Os alumnos que cursan a DECA, tanto de infantil como de primaria, teñen os mesmos horarios.

El ISCCR

Para máis información, consultar a páxina web do Instituto www.itcdesantiago.org/isccr, na conta de correo secretariocr@itcdesantiago.org. ou directamente na secretaría (edificio de San Martiño Pinario, Praza da Inmaculada 5) de luns a venres de 10h. a 12:30h e de 18h. a 21h.