Conclusiones fase diocesana do Sínodo

A mañá do sábado 25 de xuño foi o momento escollido para a posta en común da Síntese da fase diocesana do Sínodo. O equipo sinodal diocesano, nas persoas de Concepción Maté e Alfredo Losada, presentou un resumo da riqueza da Síntese diocesana, síntese xa enviada a todos os grupos sinodais, e que no día de hoxe publícase para coñecemento xeral.

Destacar nas conclusións que entre todos construímos comunidade, que temos que revisar o papel da muller na Iglesia, que fai falta potenciar os ministerios laicais e revitalizar a Igrexa na liña da sinodalidade, actualizando a linguaxe pastoral con celebracións litúrxicas participadas e gozosas. Mostrouse a necesidade de transparencia, o desexo de que a Igrexa sexa de todos e para todos en verdade, poñendo de manifesto a urxencia dun traballo interparroquial, especialmente no rural, para adoptar unha pastoral en saída e aberta, que leve a un testemuño crible e caridade evanxélica por parte dos cristiáns.

A importancia dos traballos sinodais viuse de manifesto posto que as conclusións teñen un reflexo importante no Plan pastoral da diocese para o curso próximo.