O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu hoxe mércores 31 de xullo a constitución do Colexio Presbiteral Diocesano, unha das institucións de carácter obrigatorio que regula o ordenamento canónico nas disposicións do Código de Dereito Canónico promulgado polo Papa Xoán Paulo II na Constitución Apostólica Sacrae Disciplinae leges do 25 de xaneiro de 1983. É misión deste órgano consultivo o “asesorar ao Bispo diocesano nos problemas pastorais concernentes ao exercicio da actividade pastoral e ministerial”. O acto tivo lugar na Casa Diocesana de Exercicios Espirituais de Santiago.
Na reunión tamén estivo presente o Vigairo Xeral, José Andrés Fernández Farto, o Vigairo de Pastoral, Javier Porro Martínez, e os vigairos territoriais. No encontro repasáronse os temas abordados nos últimos anos e trazouse o plan de traballo para os próximos exercicios. Tamén se procedeu á elección do Secretario xeral, que recaeu en de Francisco Rafael Gomez-Canoura Lopez, así como dos representantes no Consello Pastoral Diocesano, á configuración das Comisións permanentes e de estudo, á designación do grupo estable de párrocos consultores etc.