Coroación Canónica da Virxe dos Remedios en Castro Caldelas

Este domingo 12 de maio, solemnidade da Ascensión do Señor, tivo lugar en Castro Caldelas a Coroación Canónica da Virxe dos Remedios, presidida polo Bispo de Ourense, Monseñor Lemos Montanet, e contando como padrinos da celebración co Arcebispo de Santiago de Compostela, Monseñor Francisco Prieto, natural destas terras, e a Corporación Municipal do Concello de Castro Caldelas, presidida pola Alcaldesa, Dña. Sara Inés Vega.