Coresma na Catedral de Santiago

Este mércores 14 de febreiro inicia a Coresma coa celebración do Mércores de Cinza. Ese día, na catedral, impoñerase a cinza en todas as misas da xornada. A das 19:30 h estará presidida polo Arcebispo, Monseñor Francisco Prieto, e contará co acompañamento da Escolanía.

Ao día seguinte, xoves 15 de febreiro, ás 18 h na capela do Santísimo, o Deán, D. José Fernández Lago, dirixirá unha meditación, a partir da mensaxe do Papa para a Coresma deste ano.

Ademais, todos os venres de Coresma haberá celebración da Penitencia (11:15 h, no altar maior) e Via Crucis polas naves da catedral, ao finalizar a misa das 19:30 h. Para iso volveranse a colocar os catorce relevos do século XIX, recuperados o ano pasado (https://catedraldesantiago.es/la-catedral-de-santiago-recupera-los-relieves-del-via-crucis/)