D. Francisco confirma un grupo de mozos e mozas na Capela de San Mauro e en Santa Olalla

Hoxe sábado, 27 de maio, o arcebispo electo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, tivo unha cita doble coa mocidade que recibía o sacramento da Confirmación. Pola mañá administrou este Sacramento a un grupo de mozos na Capela de San Mauro, municipio de Negreira. E xa pola tarde desprazouse á Parroquia de Santa Olalla, en Vilagarcía.