D. Julián asistiu á inauguración do “Congreso de Protocolo e Eventos”

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, participou este xoves na inauguración do “Congreso de Protocolo e Eventos”, que se celebra estes días en Compostela. O arcebispo asistiu á apertura desta cita congresual en calidade de membro do Comité de Honor do Congreso. Os traballos foron inaugurados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen acompañaba o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo.

O encontro celébrase por iniciativa do Observatorio Profesional de Protocolo e Eventos (OPPE) con motivo do Ano Santo Compostelán e os organizadores explicaban na súa convocatoria que “logo de máis dun ano de grave pandemia en todo o mundo, moitas cuestións cambiaron no ámbito dos eventos, e deséxase compartir cara a onde avanza o futuro do protocolo e os eventos tras ese tempo no que foi necesario adaptarse á realidade que se vive”.