D. Julián celebra na Capela do Cottolengo a Misa diocesana da Pascua do Enfermo

Monseñor Julián Barrio presidiu este domingo VI de Pascua, a Eucaristía da Pascua do Enfermo na Capela do Cottolengo do Padre Alegre, televisada pola Televisión de Galicia (TVG). Ao comezo da celebración, o arcebispo saudou especialmente a todos os enfermos e ao persoal sanitario que estaban presentes e as que seguen a Misa a través da pantalla, aos que están sos e a todas as familias.