D. Julián presidirá un acto de agradecemento aos colaboradores da organización da PEJ

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, presidirá este xoves día 13 de outubro, ás 19:00 horas, na aula San Felipe Neri do Seminario Maior San Martiño Pinario, un acto de agradecemento aos que colaboraron na organización da Peregrinación Europea da Mocidade, que se celebrou na cidade compostelá do 3 ao 7 de agosto, con motivo do Ano Santo Compostelán.
Mons. Barrio quere agradecer así o traballo e o compromiso das institucións públicas (Xunta de Galicia, concello de Santiago, Corpos de seguridade do Estado…), das Asociacións do Camiño de Santiago, e de todas as persoas que colaboraron na organización da PEJ.
O arcebispo estará acompañado polo seu bispo auxiliar, mons. Francisco Prieto, e polo delegado de Pastoral de Mocidade, Javier García.