Decreto de implantación do catecismo “Buscade o Señor”, para a iniciación cristiá de adultos e para a revitalización da vida cristiá

CATECISMO:
“Buscade o Señor”

 

NÓS, O DOUTOR DON FRANCISCO JOSÉ PRIETO FERNÁNDEZ, POLA GRAZA DE DEUS E DA SEDE APOSTÓLICA ARCEBISPO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,
Os bispos son «os primeiros responsables da catequese, os catequistas por excelencia» (CT 63b), sendo a catequese unha das tarefas básicas do seu ministerio (cfr. CT 12a). Por este motivo unha das súas obrigacións fundamentais ao asumir «a alta dirección da catequese» (CT 63c) na Igrexa particular sexa velar pola autenticidade da confesión da fe e pola calidade dos textos e instrumentos que se utilizan (cfr. DGC 223). Así o establece o Código de Dereito Canónico: «Seguindo as prescricións da Sede Apostólica, corresponde ao Bispo diocesano ditar normas sobre a catequese e procurar que se dispoña de instrumentos axeitados para a mesma» (CIC can 775, 1).
A Conferencia Episcopal Española, despois dun coidadoso proceso de elaboración, publicou o Catecismo “Buscade o Señor”, enfocado ao catecumenado e á reiniciación cristiá de adultos. Dito catecismo foi aprobado pola CXX Asemblea Plenaria da Conferencia Episcopal, celebrada en novembro de 2022; culminando desta maneira a resposta á petición de san Xoán Paulo II na constitución apostólica Fidei Depositum, onde pedía que cada Conferencia Episcopal puidese facer chegar a todos, pequenos e maiores, o contido do Catecismo de la Igrexa Católica, tendo en conta as diversas situacións e culturas, e que vén completar os Catecismos publicados, e que están a ser utilizados nas comunidades cristiás do noso país: “O meu encontro co Señor”, para o espertar a fe dos máis pequenos coas súas familias; “Xesús é o Señor”, para a infancia; e “Testemuñas do Señor”, para a catequese con adolescentes e mocidade; polas presentes
DECRETO
que se implante na Arquidiocese de Santiago de Compostela o Catecismo da Conferencia Episcopal “Buscade o Señor”, como catecismo oficial e único para a iniciación cristiá de adultos e para a revitalización da vida cristiá; convidamos os fieis, os sacerdotes e os catequistas para que o fagan chegar ás mans dos seus destinatarios na súa integridade, no seu momento oportuno e especialmente no acto catequético mesmo, e que a iso contribúan tamén todos os subsidios, guías e demais materiais didácticos, que poidan ser utilizados como apoios complementarios na catequese.
Espero que o Catecismo “Buscade o Señor” sexa un instrumento valioso para axudar no proceso de iniciación cristiá a aqueles que, atopándose con Cristo, desexan aprender a ser cristiáns guiados pola nai Igrexa presente en cada comunidade cristiá ou aos que foron bautizados na súa infancia e perderon a práctica da fe e, tras volver atoparse co Señor, queren reavivar a virtude da fe infundida no Bautismo.
Dado en Santiago de Compostela, o día dous de febreiro de dous mil vinte e catro. Por mandato do seu Excia. Rvdma., Elisardo Temperán Villaverde, Chanceler-Secretario arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, presidiu hoxe a Eucaristía no Catedral compostelá durante a que se impuxo a cinza aos fieis, para dar así comezo ao tempo litúrxico da Coresma. Na súa mensaxe de Coresma, o arcebispo afirma que é importante o silencio, porque “esa evocación do deserto á que nos convida á liturxia do tempo cuaresmal. Porque orar é atopar co Señor”.

Dado en Santiago de Compostela, o día dous de febreiro de dous mil vinte e catro.

Por mandato de Súa Excia. Rvdma.,

Elisardo Temperán Villaverde,
Chanceler-Secretario.

 

Decreto implantación Catecismo Buscade o Señor (PDF)