Día da Igrexa Diocesana. Grazas por tanto

  • O 6 de novembro celebramos o Día da Igrexa Diocesana, un día de festa e acción de grazas porque xuntos logramos unha parroquia viva, apaixonada por Xesucristo e entregada aos demais. Unha realidad posible, como amosa esta publicación, grazas ao tempo, as calidades, a oración e o apoio económico de todo o pobo de Deus.

Queridos diocesanos: ao botar a vista atrás sobre os acontecementos do pasado ano 2021, o primeiro que pasa pola miña cabeza e, sobre todo, polo meu corazón, é un inmenso agradecemento a Deus. No medio deste escenario incerto e confuso, no que se derrubaron tantas certezas meramente humanas e tantas ilusións se desvaneceron, a experiencia de que Deus camiña ao noso lado, que se involucra na nosa historia e que nos acompaña na nosa vida, resulta tan consoladora como real.

Seguimos celebrando o Ano Santo e observamos como o Señor entrou nas nosas vidas. Fíxoo para quen iniciou o camiño desde unha perspectiva non estritamente vinculada á fe e para quen o fixo desde a súa visión crente.

A Igrexa diocesana formámola todos. Somos unha gran familia, e unha parte esencial da mesma compóñena aquelas persoas, homes e mulleres, que están sempre “aí”, dando o seu amor, a súa axuda, o seu traballo, o seu apoio aos demais e sobre todo aos necesitados. Para elas tamén noso máis sincero recoñecemento e agradecemento.

«A riqueza é o que somos, non o que temos».

«O servizo é tamén obra nosa, o esforzo é o que fai frutificar os nosos talentos e dá sentido á vida: de feito, non serve para vivir o que non vive para servir. Pero cal é o estilo de servizo? No Evanxeo, os servos bos son os que arriscan. Non son cautelosos e precavidos, non gardan o que recibiron, senón que o empregan. Porque o ben, se non se inviste, pérdese; porque a grandeza da nosa vida non depende de canto acaparamos, senón de canto froito damos» (Francisco, Homilía na Xornada Mundial dos Pobres, 15 de novembro de 2020). En 2021, grazas á colaboración e axuda dos nosos diocesanos destináronse 3.842.000 € a actividades pastorais, asistenciais e educativas, e por parte de Cáritas diocesana, na nosa diocese atendéronse a 40.557 persoas.

Avecíñanse tempos de in- certeza e posiblemente, por desgraza, de máis pobreza. O 6 de novembro de 2022 celebraremos o Día da Igrexa Diocesana. A colaboración dos diocesanos, en todas as facetas, económica, humana e pastoral, así como a súa dispoñibilidade para poñerse ao servizo das necesidades da diocese é esencial e moi necesaria. Hai que seguir mirando ao futuro para ver que podemos seguir facendo. Moitas persoas nos necesitan.

Saúdavos con afecto e bendí no Señor.

+Julián Barrio Barrio,
Arcebispo de Santiago de Compostela.