Día diocesano da catequese parroquial

Este próximo domingo 12 de marzo, III Domingo de Coresma, celebramos o día diocesano da catequese parroquial.

A nosa Asemblea Diocesana estivo motivada e animada baixo o lema: «A alegría do Domingo, xúbilo dos catequistas», o mesmo que animará o día diocesano da catequese parroquial. O tema de reflexión proposto para este mes de marzo desenvolve algúns aspectos que renovan as razóns da alegría do catequista: «Os catequistas son persoas entregadas a unha gran vocación, que debe enchelos de alegría, malia os obstáculos ou dificultades.

É unha alegría que agroma do encuentro co Mestre de todos os catequistas, que é Xesús, e da misión compartida cos demais catequistas».

Materiais dispoñibles no apartado de recursos no espazo da Asemblea Diocesana de Catequistas, para celebrar este día diocesano.

Os materiais propostos pódenvos axudar a vivir «A alegría do Domingo, xúbilo dos catequistas»

Carta de Monseñor Julián Barrio

Cartel

Marcapáxinas

Signo para as parroquias

Folleto para a celebración no día diocesano da catequese parroquial

Folleto para o día Diocesano da Catequese parroquial. Na ruta da alegría

Reunión con catequistas

Presentación Proxectos da Delegación

 

Feliz día da Catequese Parroquial

» Benaventurado o catequista que renova cada día a alegría do seu encontro persoal con Cristo,

e que contribúe a que os demais poidan chegar a experimentar a alegría que este encontro produce»