Don Julián convoca a Mocidade a participar na Vixilia da Inmaculada

A Xornada Diocesana da Mocidade deste ano 2022 ten por lema: “María levantouse e púxose en camiño”. Celebrarase en Cee o día 6 de decembro, xa que este lugar está a celebrar un ano xubilar moi especial que culminará coa coroación canónica da Nosa Señora da Xunqueira.

Don Julián Barrio convoca neste día a Mocidade a partir de 14 anos cumpridos, acompañados dos seus párrocos, catequistas ou animadores para ter un encontro con eles.

11h Acollida (Pavillón de Cee)

Obradoiros (en distintos puntos da cidade)

13h Xantar (Pavollón de Cee)

Xogos (Pavillón de Cee)

15h Concerto-Magazine (Auditorio)

17h Merenda

18h Festa do perdón

Procesión

20.00h Eucaristía na igrexa parroquial presidida por mons Julián Barrio.