Don Julián preside a Misa de Acción de Grazas por medio século de presenza das Mercedarias da Caridade en Oleiros

As Irmás Mercedarias da Caridade situada en Santa Cruz celebraron o pasado 10 de xaneiro o cincuenta aniversario da súa chegada a Oleiros.
Esta comunidade relixiosa de vida activa, formada na actualidade por tres relixiosas -chegaron a ser nove- comezaba a súa andaina en 1973 co chegada de catro irmás.
Tan sinalada data non pasou inadvertida nin á parroquia nin á vila que tan agradecidos están aos servizos prestados durante medio século: sanitarios, educativos, relixiosos, sociais, etc… Por iso quixeron arroupalas co seu agarimo e oración nunha Santa Misa que, presidida polo arcebispo de Santiago D. Julián Barrio, celebrouse hoxe na Igrexa nova de Santa Cruz abarrotado de xente, ás 11:30 hh.
Natividad García Mateo, Florentina Rodriguez Conde e María Olvido López Magadán estiveron acompañadas para a ocasión pola Superiora das Mercedarias da Caridade en España e todo o equipo provincial, así como as súas irmás da comunidade de Chantada e relixiosas de diferentes congregacións.