Don Julián visita a Parroquia de San Xulián de Artes

Este sábado 10 de setembro a partir das 19:00hs, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Julián Barrio, confirmará a un grupo de mozos e mozas da parroquia de San Julián de Artes.

Ao finalizar a cerimonia, D. Julián bendirá a imaxe de Cristo Crucificado e terá un encontro cos catequistas da parroquia.