Economato solidario de Cáritas Noia

. As dependencias foron bendicidas polo arcebispo de Santiago
. Atenderá a usuarios de diversas Cáritas ParroquiaisO arzobispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, bendiciu as instalacións do economato solidario de  Cáritas Parroquial de San Martiño de Noia durante un acto no que participaron destacados axentes da entidade. Na súa intervención o prelado referiuse ao importante traballo que realizan para axudar as persoas máis necesitadas da zona, e animounos a continuar con este labor “que tanto ben fai aos que os están pasando tan mal nestes momentos”.O director de Cáritas Noia, Juan Carlos Pérez Oviedo destacou que o obxectivo do economato é facilitar ás Cáritas parroquiais a distribución de axudas “en forma de alimentos ou produtos de higiene, adaptándose mellor ás necesidades dos nosos participantes e axustar esta prestación ao espírito de Modelo de Acción Social Confederal”. Insistiu en que a iniciativa é a resposta a unha demanda dos axentes de Cáritas de Noia para unha mellor e máis eficaz distribución directa do material que se ofrece…, constatando que se persegue traballar pola xustiza social dos máis desfavorecidos.

“A Caridade debe levarnos a tender mans”, mencionou, “a realizar pequenos xestos cotiáns e a participar e intervir nas dinámicas sociais que nos levan ao compromiso polo ben común”. Na actualidade a institución atende a 85 familias.

As novas dependencias constan de 140 metros cadrados para atender os usuarios que acoden  ao  economato. O servizo vai destinado á Unidade Pastoral de San Martiño de Noia a través das Cáritas Parroquiales de Santa Cristina de Barro, Santa Mariña do Obre, Santa María de Argalo, San Pedro de Tállara e San Martiño de Noia.

No acto estiveron presentes, entre outros, Santiago Freire, alcalde de Noia, Anuncio Mouriño, director Diocesano de Cáritas  e José Ortoño Fontes, consiliario.

Na Memoria de 2020  sinálase que a entidade atendeu a 104 familias, un total de 220 usuarios (78 homes, 75 mulleres e 67 nenos), cuxa idade media oscilaba entre os 45 e 64 anos .Como datos a ter en conta sinalar que ao longo do ano, Cáritas Noia repartiu 36.170 quilos de comida, así como achegas económicas para facer fronte os usuarios aos gastos eléctricos, de consumo de butano e auga, e o pago de bonos de autobús para que os beneficiarios puidesen desprazarse a Santiago por cuestións médicas e relacionadas con xestións da súa situación de exclusión. Outras das axudas de importancia foron destinadas a alugueres de vivendas, roupa e calzado e gastos de farmacia.