O Arcebispado de Santiago e Cáritas Diocesana asinaron hoxe un convenio mediante o cal o primeiro cede a vivenda situada nas plantas segunda, terceira e terraza, así como escaleira e ascensor de uso exclusivo e unha praza de garaxe do edificio da Igrexa dos Carmelitas situada na rúa Antonio Ríos 24 da Coruña a Caritas Interparroquial da Coruña.
O destino desta inmoble será para uso como vivenda de inserción social baixo os criterios e programas de inserción social de Caritas Diocesana de Santiago de Compostela- Interparroquial da Coruña.
Este acordo entra en vigor desde hoxe xoves e terá unha duración dun ano, renovable automaticamente polo mesmo período e ata derrogación expresa por algunha das partes mediante comunicación escrita con polo menos tres meses á data de extinción da vixencia inicial ou de calquera das prórrogas anuais.
Este convenio foi subscrito polo ecónomo diocesano, Fernando Barros, polo director de Cáritas Diocesana, José Anuncio Mouriño, e pola responsable de Cáritas Interparroquial da Coruña, Pilar Farjas.