O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, recibiu esta mañá o palio arzobispal bendicido polo Papa Francisco, na Solemne Eucaristía que se celebrou na Basílica de San Pedro. No día que se celebra a solemnidade dos apóstolos, San Pedro e San Pablo, o Papa pediu a estes arcebispos que sexan apóstolos á súa imaxe, “sede discípulos no seguimento, e apóstolos no anuncio, do seguimento de Cristo e do anuncio da súa Palabra. Levade a beleza do Evanxeo a todas partes, xunto con todo o Pobo de Deus”
O palio arzobispal é unha faixa de la branca feita de dous cordeiros criados polas relixiosas do convento romano de San Lorenzo, en Panisperna. Estes animais son bendicidos o día 21 de xaneiro, día en que se conmemora o martirio de santa Inés, e o palio é tecido polas relixiosas benedictinas de Santa Cecilia do Trastevere. Unha vez elaborados, colócanse nun cofre de prata xunto ao sepulcro de san Pedro, no chamado nicho dos palios, onde se custodian durante un ano, polo que se consideran reliquias de terceiro grao, por contacto.
A faixa mide entre 4 e 6 centímetros de ancho e está adornada con seis cruces negras, que simbolizan as feridas do Cordeiro de Deus, e dous orlas de seda negra. A diferenza do do Papa, non é circular, senón que ten un rectángulo anterior e posterior. O palio leva tres alfinetes polos tres cravos usados na crucifixión de Xesucristo. Colócanse nas tres cruces que se atopan debaixo do pescozo, no ombreiro esquerdo e no ombreiro dereito, coas cabezas cara ao lado dereito miradas desde a fronte.
Na solemnidade de san Pedro e san Pablo, durante a Eucaristía na basílica de San Pedro, o palios son portados por varios diáconos desde o nicho ata a sede de Pedro e son bendicidos polo Sucesor de Pedro —«que quen polo teu don leven estes palios se recoñezan como pastores do teu rabaño»—. Os arcebispos nomeados durante o ano, presentes na basílica, pronuncian o seu xuramento de fidelidade e obediencia á Igrexa e ao Papa. En definitiva, o palio representa a presenza de Cristo no traballo do arcebispo; é un ornamento litúrxico signo de comuñón co Santo Padre e da misión do arcebispo de ser bo pastor.
Este palio impoñeráselle solemnemente a mons. Prieto o día 25 de xullo, Día do Apóstolo, na Catedral de Santiago de mans do Nuncio da súa Santidade en España, mons. Bernardito Cleopas Auza.
Xunto a monseñor Prieto recibiron o palio de mans do Papa, ao final da celebración, outros 31 arcebispos, entre eles os españois monseñor Enrique Benavent, novo arcebispo de Valencia; monseñor José María Gil Tamayo, de Granada, e monseñor Francisco José Cobo, de Madrid.