O arcebispo de Santiago de Compostela preside a Eucaristía para a Vida Consagrada

Na tarde de hoxe, 2 de febreiro, festividade litúrxica da Presentación do Señor no Templo, os relixiosos celebran a Xornada Mundial da Vida Consagrada, unha cita anual na que se reúnen para dar grazas a deus polo don da súa vocación consagrada e para renovar os seus votos evanxélicos.

Con este motivo ás 18:00 horas, celebrouse unha Eucaristía na compostelá igrexa das Orfas, presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio.

Nesta xornada a Iglesia celebra a XXVII Xornada Mundial da Vida consagrada, cuxo lema, nesta ocasión, é “Camiñando en esperanza”, e na que mons. Julián Barrio dirixiu unha Carta Pastoral aos Membros da Vida Consagrada.